Inicio
Blog de Novas
Asociación Cultural
Asociación Veciñal
Comunidade de Augas
Comunidade de Montes
Belén vivente
Muíños de Couso
Sendeiro PRG-132
Capela de S. Martiño
Festas
Tenda
Foro
Enlaces interesantes
Contacto

Muíños de Couso

A idea da restauración deste grupo de 6 muíños empezou en outubro de 2006 coa presentación de unha solicitude de axudas para fondos europeos. As axudas foron concedidas cubrindo un 75% do orzamento. O resto foi aportado pola CMVMC de Couso. Os muíños foron inaugurados en xaneiro de 2009.

Os muíños foron cedidos polos seus veciños herdeiros por 25 anos para o proxecto de restauración etnográfica.

 

En Couso temos cinco muíños e unha acea (muíño de roda vertical de madeira). Estes muíños atopanse no regueiro de Couso, que discorre a rentes da estrada que
vai de Guláns ao Confurco. Esta estrada coincide, no seu tramo entre O Confurco (N- 120) e a pista que vai ao Pianista e ao Faro de Budiño, co percorrido do Sendeiro das Greas (GR-58), sendeiro de Gran Recorrido (máis de 200 km) que atravesa os concellos do sur da provincia de Pontevedra que conforman a Mancomunidade de Vigo. A nosa intención era establecer unha variante neste tramo do sendeiro, duns 2 km e asfaltado, que pasaría polos muíños xa restaurados de Cans (perto do Confurco) e polos nosos. A través de paneis, amosanse as características do cultivo dos cereais, da moenda, da fabricación do pan, dos contos e historias relacionadas
cos muíños ou da vexetación da ribeira, aproveitando os distintos muíños. Finalmente, temos unha quincena de posibles sendeiros que se poderían realizar desde Couso polos arredores, con distancias entre 2,5 e 25 quilómetros, con boas vistas, recorrendo moitos dos penedos da zona.

Os muíños poden visitarse todos os domingos de 11'00 a 13'00, entre abril e setembro, ou ben chamando ao teléfono 690 289 463 para concertar cita nun horario diferente.

 A Molinera antes da restauración

A Molinera restaurada

 

 

 

 

Asociación Cultural San Martiño de Couso  | info@cousodegulans.es