Foi creada en maio de 2008 co obxectivo de unificar o esforzo das distintas asociacións do pobo na mellor defensa dos seus intereses, realizando as funcións de interlocutor ante o Concello de Ponteareas, a Deputación, a Xunta de Galicia e outras entidades públicas ou privadas coas que o pobo mantén relacións. Realizou xestións para a mellora da telefonía móbil e o acceso a Internet, así como trasladando ao Concello as principais carencias en infraestruturas detectadas no pobo. Tamén se fixeron alegacións nas sucesivas versións do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), así como reclamacións ante FENOSA polos cortes de luz.
A súa Xunta Directiva actual está formada por:
Presidente: Juan Carlos Carballido Carballido
Vicepresidente: Manuel Giráldez Represas
Secretario: José Luis Gómez Reboiro
Tesoureiro: José Giráldez Represas
Vogais: Indalecio Bargiela Carballido, Eugenio Bugarín Rodríguez, Nemesio Carballido Carballido e Pablo Carballido Carballido.