Inicio
Blog de Novas
Asociación Cultural
Asociación Veciñal
Comunidade de Augas
Comunidade de Montes
Belén vivente
Muíños de Couso
Sendeiro PRG-132
Capela de S. Martiño
Festas
Tenda
Foro
Enlaces interesantes
Contacto
Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Couso

En novembro de 1995 obtivose a calificación do Xurado de Montes Provinciais, pero o monte de Couso xa era comunal dende moito antes. Nun documento de 1673 o Conde de Salvaterra cedía aos veciños o uso do monte.

Actualmente o monte ten un plan técnico de ordenación do monte que permite a explotación racional da súa riqueza madeireira, que se fai tendo en conta os criterios do sistema PEFC, de certificación forestal.

A CMVMC é a principal entidade inversora en Couso, non só no propio monte comunal, senon tamén en melloras de telefonía, comunicacións, patrimonio etnográfico, electricidade ou abastecemento de augas.

A actual Xunta Reitora está composta por:

Presidente: Nemesio Carballido Carballido

Vicepresidenta: Modesta Groba Alonso

Secretario: José Luis Gómez Reboiro

Tesoureiro: Juan Carlos Carballido Carballido

Vogais: Eugenio Bugarín Rodríguez e Ernesto Groba Alonso.

Podedes atopar os seus estatutos neste enlace.

Tamén podedes consultar mapa cos seus límites aquí.

Asociación Cultural San Martiño de Couso  | info@cousodegulans.es